Cando o marqués de Sargadelos financiou a corsarios "made in Galicia"
José María Leal Bóveda explica como estes navegantes realmente eran empresarios "da pirataría legal", deixando fianzas a cambio de poderen atacar barcos inimigos. Ribadeo, durante dous séculos, foi un punto importante para o corso en Galicia, cousa que lle valeu ataques da mariña inglesa no século XVIII.