Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2025 | Actualizada ás 11:53
A escritora Berta Dávila recibiu o Premio Ostana 2025 na categoría Giovani, un recoñecemento que distingue a autoras e autores novos que escriben en linguas minorizadas de todo o mundo e "mostran un compromiso estético e vital coa súa lingua".
O galardón entrégase no marco do Premio Ostana Scritture in lingua nai, un festival literario organizado pola asociación Chambra d'Oc e a Comune de Ostana, e que celebra o seu XVII edición entre o 27 e o 29 de xuño. A organización destacou de Berta Dávila o seu "percorrido excepcional como escritora e poeta, a súa capacidade de renovar a linguaxe literaria cunha voz auténtica e orixinal, e o labor "constante" de difusión da literatura gllega, máis aló das súas fronteiras naturais.
Con este premio, convértese na cuarta persoa distinguida en representación da lingua galega tras Manuel Rivas, que recibiu en 2019 o Premio Internacional; Craig Patterson, premiado o mesmo ano polo seu labor como tradutor; e Alfredo Conde, recoñecido na primeira edición.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.