Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2021 | Actualizada ás 13:34
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o vicepresidente, César Mosquera, presentaron este mércores en rolda de prensa telemática o plan estratéxico provincial de fondos europeos que inclúe 10 programas con 54 accións pensadas no horizonte 2021-2026. "Mobilizaremos 300 millóns de euros a curto, medio e longo prazo", dixo.
César Mosquera engadiu que "xa" tiñan "moito traballado" porque sabía por onde ían "ir". "A pandemia ensinounos que somos moi vulnerables e que temos que facer un gran esforzo para non quedar atrás", sinalou. Ademais insistiu o vicepresidente que "a Deputación de Pontevedra traballa para os concellos" e neste sentido para este luns está fixada unha reunión por videoconferencia "para xestionar ben". Carmela Silva precisou que se lle dará aos concellos un prazo para achegar ideas e ademais comprometeu que se moveremos "entre os ministerios para defender o noso proxecto". "Porque cremos que é moi grande", abundou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.