Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2024 | Actualizada ás 18:01
A Consellería de Economía e Industria mantén aberta unha nova convocatoria de axudas dotada con 1,27 millóns de euros para que as empresas e autónomos do ámbito agrícola primario poidan optimizar o seu consumo enerxético e desenvolver proxectos de enerxías renovables eléctricas. Segundo informou a Xunta, os apoios, que poden solicitarse ata o 30 de maio, favorecerán a mobilización de 4,3 millóns de euros e un aforro de enerxía anual equivalente a 264.000 litros de gasóleo.
Os beneficiarios, apuntou a administración autonómica, aforrarán uns 400.000 euros ao ano no abastecemento enerxético grazas a estas axudas, mentres que o impacto na redución de CO2 é o equivalente a plantar 36.000 árbores. En concreto, apoiarán a promoción de enerxía renovable eléctrica a través de instalacións fotovoltaicas ou minieólica, e actuacións de mellora da eficiencia enerxética. Mediante esta convocatoria, en concorrencia competitiva e financiada con fondos Feader, serán subvencionables actuacións que se executen en zonas rurais e teñan un investimento mínimo de 5.000 euros por solicitude (IVE non incluído=.
A contía da axuda é do 30 % do custo elixible en caso de grandes empresas, do 40 % para medianas e do 50 % para pequenas empresas, cun máximo de 100.000 euros por proxecto e de 300.000 euros por empresa, salvo nos supostos de instalacións de autoconsumo colectivo no que se establece unha axuda máxima de 500.000 euros por proxecto e por empresa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.