Insultan a axentes da Garda Civil cando os ían identificar por estar nun local de hostalaría fóra de horario permitido

O suceso aconteceu en Malpica logo dunha chamada dos veciños para denunciaren que o local estaba aberto con numerosas persoas dentro.

Por E.P. | A CORUÑA | 27/01/2021 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

Axentes da Garda Civil identificaron este martes a oito persoas, seis homes e dúas mulleres, na terraza dun establecemento de hostalaría da localidade de Malpica de Bergantiños.

Segundo informa, atopábanse consumindo bebidas alcohólicas fóra do horario permitido polo Real Decreto 926/2020 da Xunta de Galicia sobre medidas prevención Covid-19.

Os compoñentes da Garda Civil tiveron coñecemento mediante a chamada dos cidadáns de que o establecemento se atopaba aberto ao público e que había numerosas persoas no interior e na terraza.

Os axentes observaron que o establecemento tiña as xanelas coas persianas baixadas, a luz exterior e interior de acceso acendida e con oito persoas consumindo bebidas alcohólicas e fumando, sen gardar as distancias de seguridade e algunha delas sen máscara.

Tras requirirlles en diversas ocasións, non colaboraron, ademais de proferir insultos aos axentes. Os oito foron propostos para sanción xunto ao propietario do establecemento, que alegou que tiña pensado pechar en canto acabasen as últimas copas.

Unidade da Garda Civil de Tráfico
Unidade da Garda Civil de Tráfico | Fonte: Foro Policía

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

4 narcopepe

Alguén terá que investigar tamén ao alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, coñecido como "O chavelleiro". Non hai mais que preguntar pola zona de Cualedro, para indagar sobre a vida e ventura de "O chavelleiro". Na súa aldea natal Vilar de Lebres non é preciso preguntar, ninguén sabe nada, como en Sicilia.

3 Sen acritude

O nacionalismo galego peca de infantilismo e pailanismo, practica o cainismo coma loita esquecendo o verdadeiro inimigo. Que cada un traballe na defensa da Patria en troques de denigrar ao adversario. A miña opción é o Bloque, pero se IU pode mivilizar o voto que tombe ao PP, pois ben, so compre felictalos en nome do povo galego. Sen resentimentos, somos moitos os do Bloque que desexamos felicitar a Anova pola elección de Lidia Senre, e desexarlle a Lidia e Anova mais socrte e acerto do que tivo ate agora na defensa do noso agro, granxas e gandeiria e intereses diversos.

1 Xan

Eu que votei por AGE e votarei por Lidia concordo contigo. Comezo a esta farto dos "imbéciles escuros" que veñen aquí dun e doutro lado a tentar fo der o proxecto nacionalista. E noraboa a GC por seguir sendo tan plural. Agora máis que nunca o inimigo é a dereita. Avanti contra eles. Avanti contra os mafiosos e amigos dos narcos.

2 Alto do Vieiro

Eu, que não sei o que votarei (ando entre BNG, Anova ou Partido da Terra) concordo ao 100% convosco. Já chegou de insultos e rancores o galeguismo. As opções estratétigicas e tácticas (mesmo as que um presupõe que agocham motivos interesseiros) devem ser debatidas com racionalidade, elegância e pertinência.

2 Xa fede

Hai unha campaña perfectamente estruturada polo BNGUPG para tentar desacreditar este medio atacando directamente a Anova. Non lles importa que o PP sexa o partido da mafia, nin a corrupción dos ppaifocos. Só lles interesa botar mer-da contra o GC, Beiras, Anova, Martiño, Eyré, Rico, Compromiso, Partido da Terra, Nós-UP, PSOE e todo o que non cheire ao BNGUPG. Ah!, pero do PP nin unha soa crítica. A ver que ocultan. Ao final BNG e PP a mesma mer-da é. Unha vergoña. Seguide así campións.

1 Que me critican

Pois se é o partido da mafia por que as homenaxes e por que dicir que Fraga tiña moito sentido do estado: http://www.lavozdegalicia.es/notici...

1 Antolinmeraparrachopintos

Esto xa fede en lugar de falar contra o PP nunha nova que fala da vinculación probada do PP co narcotráfico para o seu financiamento, volven a aparecer os trolls de garda da UPG a falar contra Beiras. É autenticamente noxento, que haxa "persoas", que en cada nova, sexa do que sexa, acaben cuspindo veleno contra Beiras e contra AGE. Ide a rañala e seguidelle facendo campaña ao Partido Podre