Identificado o responsable de matar a tiros unha loba na Estrada

Axentes ambientais lograron identificar o home responsable de abater a tiros a unha loba, cuxo cadáver apareceu este domingo nun monte da Estrada (Pontevedra).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2021 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

Axentes ambientais lograron identificar o home responsable de abater a tiros a unha loba, cuxo cadáver apareceu este domingo nun monte da Estrada. Fontes da Consellería de Medio Ambiente trasladaron que a necropsia practicada ao corpo na Facultade de Veterinaria de Lugo confirmou que o animal faleceu por mor de dous disparos de bala.

O departamento autonómico destacou a "axilidade e profesionalidade" dos investigadores para localizar ao culpable, que recoñeceu ante os axentes a autoría dos feitos. O home enfróntase á apertura dun expediente sancionador que podería supor a imposición dunha sanción de entre 601 e 6.000 euros e á retirada da arma de fogo.

O corpo da loba foi achado por dous excursionistas nas inmediacións do Monte do Penedo. Galicia Ambiental denunciou o domingo en redes sociais o achado e relacionouno cunha caza celebrada na zona "horas antes"

A asociación animalista Libera denunciou os feitos e lamentou que se trata de "a segunda baixa" coñecida desta especie animal "no que vai de mes" en Galicia, tras a aparición dun exemplar atropelado o pasado 9 de xaneiro.

Tuit da asociación Galicia Ambiental no que denuncia a aparición dunha loba morta na Estrada (Pontevedra).. GALICIA AMBIENTAL
Tuit da asociación Galicia Ambiental no que denuncia a aparición dunha loba morta na Estrada (Pontevedra).. GALICIA AMBIENTAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta