O PPdeG critica o "oportunismo" da oposición a pesar da unanimidade parlamentaria no rescate á hostalaría

Os tres grupos tamén estiveron de acordo en realizar un estudo sobre a mortalidade desde que comezou a crise sanitaria en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2021 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

Os grupos da Cámara galega aprobaron por unanimidade dúas iniciativas parlamentarias que solicitan ao Goberno autonómico, por unha banda, a posta en marcha con carácter urxente dun plan de axudas destinado exclusivamente ao sector da hostalaría e, por outro, a elaboración dun estudo que profunde no aumento da mortalidade e a morbilidade en Galicia desde o inicio da pandemia de covid-19.

Estas foron dúas das proposicións non de lei que saíron adiante no pleno ordinario que o Parlamento de Galicia celebrou este mércores, no que a pandemia e o seu impacto sobre a realidade socioeconómica de Galicia foron, maioritariamente, os protagonistas.

Deste xeito, das seis proposicións a debate, dúas foron aprobadas por unanimidade tras o apoio de todos os grupos, incluído o que sustenta ao Goberno, o PPdeG, que facilitou que saísen adiante ambos os textos a pesar de criticar á oposición polo seu "oportunismo" na relativa ás axudas á hostalaría e por "solicitar algo que xa está feito" en canto ao informe de mortalidade.

A primeira, presentada polos socialistas e defendida polo deputado Juan Carlos Franscisco Rivera, solicita a posta en marcha de forma "urxente" dun plan de axudas directas aos autónomos e pemes do sector da hostalaría ante as restricións motivadas pola pandemia.

A segunda das iniciativas aproabadas por unamidade, promovida polo grupo do BNG, pide ao Goberno galego a elaboración dun informe sobre mortalidade e morbilidade desde o inicio da pandemia (non só por covid), así como preparar un plan de contigencia para recuperar as actividades no Sergas que se viron afectadas pola crise sanitaria, como o amplazamiento de probas ou o agravamento de patoloxías.

HOSTALARÍA

O encargado de defender a inciativa dos socialistas sobre o apoio aos negocios da hostalaría, o deputado Juan Carlos Francisco Rivera (PSdeG), acusou á Xunta de expor medidas "insuficientes" e de non esgotar a "capacidade" orzamentaria e de endebedamento para facer fronte a uns negocios esixidos polas medidas para conter a pandemia.

Na súa quenda de resposta, o deputado do PPdeG Miguel Tellado cargou contra o Partido Socialista, aos que tachou de "demagogos enfermizos" e de manter unha "actitude despreciable e lamentable" á hora de pór deberes ao Goberno de Alberto Núñez Feijóo sobre a súa xestión das consecuencias da pandemia.

"Pasáronse a primeira onda da pandemia pechados en casa, do pixama ao chándal e da cama ao sofá, sen colaborar con ninguén", espetou Tellado en apelación aos socialistas galegos. "Non aceptamos leccións de quen non fai nada", engadiu o secretario xeral do PPdeG, que, acto seguido, confirmou que votarían a favor da inciativa.

Pedro Puy nun debate no Parlamento
Pedro Puy nun debate no Parlamento | Fonte: ppdegalicia.com


ESTUDO DE MORTALIDADE

Así mesmo, en canto ao texto do BNG aprobado tamén co respaldo de todo o hemiciclo, solicita que se estude para a súa remisión á Cámara a mortalidade rexistrada por calquera tipo de patoloxía desde o inicio da crise sanitaria, así como demandar ao Sergas un plan de contigencia para facer fronte ás actividades extraordinarias derivadas da pandemia.

Tras advertir do perigo de normalizar as cifras de falecidos e contaxios que trae diariamente a crise, a deputada nacionalista Iria Carreira, encargada de expor a proposición, chamou a atención de que a pandemia puxo "contra as cordas" ao sistema sanitario e os seus profesionais, polo que demandou anticiparse antes do "colapso" que pode vir durante os próximos meses despois dun ano de combate contra a pandemia.

Na súa quenda, o parlamentario popular Alberto Pazos Couñago defendeu que o sistema sanitario galego está a responder de mellor forma que a media estatal no "maior test de tensión" da historia con "menos" atrasos nos diagnósticos, probas e intervencións que no conxunto estatal.

En canto á elaboración do estudo, o deputado fixo referencia aos informes do Sistema de Monitorización da Mortalidade diaria (MoMo) que elabora o Instituto Carlos III --dependente do Ministerio de Sanidade-- para comparalo coa solicitude recollida na proposición do Bloque. Para Pazos Couñago, é "incomprensible que se solicite algo que xa está feito e é público" e que reflicte que "En españa ocúltase o número real" de mortos por covid "e en Galicia, non".

Outras dúas proposicións non de lei presentadas pola oposición e que foron debatidas na Cámara este mércores foron rexeitas cos votos en contra do grupo maioritario, o popular. A primeira, presentada polo BNG, solicitaba ao Goberno galego aumentar o investimento en I+D+i e mellorar as condicións laborais do persoal investigador; mentres que a segunda, promovida polo PSdeG, reclamaba un aumento na achega da Administración autonómica nos programas municipais do Servizo de Axuda no Fogar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta