Pili Carrera, de vestir á realeza europea á desaparición

A empresa de moda galega solicitou a liquidación o que afectará de xeito directo a 60 traballadores.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/01/2021 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

Pili Carrera, a empresa galega especializada en moda infantil e escollida por moitas casas reais, solicitou a liquidación. A forte crise económica provocada pola covid foi o punto final a un longo proceso de dificultades económicas que pasou por despidos, concurso de acreedores, ERE e agora a súa liquidación.

As infantas Leonor e Sofía con roupa de Pili Carrera
As infantas Leonor e Sofía con roupa de Pili Carrera | Fonte: EFE

En xaneiro de 2019, cando abandonou o concurso de acredore a súa débeda superaba os cinco millóns de euros. A disolución da firma, avanzada polo Faro de Vigo, afectará a máis de 60 traballadores directos do grupo e foi comunicada nas últimas horas aos traballadores.

Pilar Rodríguez e a súa filla, Salomé Carrera, viviron un boom debido ao éxito que tiñan os seus deseños entre a realeza. Ademais da raíña Letizia, moitas outras figuras da realeza europea, como Máxima de Holanda, Mary de Dinamarca, Vitoria e Magdalena de Suecia confiaron na firma galega. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta