As reservas se sangue están baixas en Galicia: doa se es dos grupos B positivo e B negativo e Cero negativo

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue apela á "colaboración e xenerosidade de todos" co fin de conseguir entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento á cidadanía para doar sangue, en especial a persoas dos grupos sanguíneos B positivo, B negativo e Cero negativo, xa que as reservas destes presentan niveis baixos en Galicia.

Por iso, informa ADOS nun comunicado, "resulta necesario reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón de sangue" que levan a cabo en Galicia. ADOS convida os galegos "a continuar mostrando o seu carácter solidario para incrementar o número de doazóns". Respecto diso, indica que a demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios "non diminuíu" na situación actual, polo que apela á "colaboración e xenerosidade de todos" co fin de conseguir entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias.

Co fin de facilitar a doazón, as dez unidades móbiles de ADOS visitarán aos longo dos próximos días numerosos municipios galegos co fin de lograr "a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos".

Este xoves haberá unidades móbiles nas localidades de Ferrol (Praza de España); Carballo; A Coruña (Novo Mesoiro); Santiago (Área Central); Ribeira; Lalín; Vigo (Príncipe); Monforte e Ourense (Rúa do Paseo).

Mentres, este venres ADOS enviará unidades móbiles a Ferrol (Praza de España), Carballo; A Coruña (zona Monte Alto); Ribeira (Aguiño); Ribadumia; Redondela; Monforte e Verín. Ademais, este sábado, 6 de febreiro, haberá unidades na Coruña (Monte Alto); Ribeira; Ribadumia; Redondela e Sobrado dos Monxes. Tamén lembra ADOS que se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas. A Axencia de Doazón lembra que, aínda que se pode acudir de forma espontánea a doar, "é recomendable" solicitar cita no teléfono gratuíto 900 100 828.

Unha doante prepárase para doar sangue.. Jesús Hellín - Europa Press - Arquivo
Unha doante prepárase para doar sangue.. Jesús Hellín - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta