Ferido un operario tras caer dun tellado de oito metros de altura no que traballaba na Pobra

Cando chegou o 112 o home estaba consciente malia as feridas sufridas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2021 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

Un operario resultou ferido na mañá deste xoves despois de precipitarse desde unha altura cando traballaba nun tellado no lugar da Baiuca, no concello coruñés da Pobra do Caramiñal.

Segundo informou o 112 Galicia, os equipos de intervención que acudiron ao lugar dos feitos indicaron que o operario estaba consciente, pero sufrira feridas de consideración ao caer dunha altura dun oito metros.

O 112 tivo constancia do sucedido ao recibir unha chamada ás 10,00 horas deste xoves. Foron avisados Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, Policía Local e tamén Protección Civil da localidade.

Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia de soporte vital básico que levou ao ferido ao Hospital do Barbanza, confirmaron fontes sanitarias.

Unha ambulancia. Carlos Castro - Europa Press
Unha ambulancia. Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta