Ver Santiago desde o ceo cun taxi aéreo farase realidade no 2022

Foi elixida canda outras tres cidades europeas para a demostración do proxecto "taxis aéreos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2021 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

Santiago será un dos escenarios elixidos, xunto coa cidade inlgesa de Cranfield e as holandesas Amsterdam e Róterdam, para acoller unha demostración do proxecto dos denominados 'taxis aéreos'.

Diso informou o consistorio local a través dun comunicado emitido este sábado, no que detallan que o concelleiro Sindo Guinarte mantivo unha reunión con representantes do Instituto Tecnolóxico de Galicia, un dos participantes nun proxecto impulsado por un consorcio de 17 entidades de Europa e Estados Unidos.

Así as cousas, a capital galega será unha das sedes que albergarán as primeiras probas deste sistema co que se busca "revolucionar" a mobilidade nas contornas urbanas.

Durante os próximos dous anos levará a cabo os traballos, previo paso a que, no outono de 2022, teña lugar unha demostración que se desenvolverá tamén en Cranfield, Róterdam e Amsterdam. Ademais dos 'aero-taxis', tamén se probará a introdución nas cidades doutros sistemas aéreos non tripulados, como os drones de repartición de mercadoría ou os sistemas non tripulados para emerxencias.

A través de probas reais e simulacións, o proxecto explorará as posibilidades que ofrece a mobilidade aérea nas contornas urbanas á hora de desconxestionar o tráfico ou reducir os tempos de traxecto.

Taxi aéreo
Taxi aéreo | Fonte: Ansa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta