A ditadura dos "likes" e "selfies" marca o uso das imaxes nas redes sociais

O 75% dos españois cre que hai que coidar as fotos e o 55% apostan xa polo "Showmancing", ou a moda de mostrar a felicidade en parella.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/02/2024 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Co inicio do novo ano aumentou o uso de aplicacións de citas por Internet, especialmente, en plataformas como Tinder. De feito, o dating online revolucionou a forma de mocear en todo o mundo, converténdose nun mercado que alcanzou os 8.000 millóns de dólares en 2022 e para o que se prevé logre os 12.250 millóns de dólares en 2030, segundo datos de GranView Research.

Rajoy e Feijóo fan un selfie nun mitin na Coruña
Rajoy e Feijóo fan un selfie nun mitin na Coruña | Fonte: noticias.lainformacion.com

O denominado tindering é practicado por 1 de cada 10 españois de forma habitual e polo 21% de forma ocasional, segundo a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU). Á hora de coñecer persoas a través de apps, a imaxe convértese no factor crave de decisión, polo menos en primeira instancia. "É por iso polo que o 75% dos españois considera importante e mesmo fundamental coidar a imaxe das fotos á hora de mocear ou conseguir "likes" ou "matchs" nestas apps", comenta Qui Marín, directora para o Sur de Europa de Cheerz, a empresa de impresión fotográfica.

De feito, un estudo de Cheerz sinala que para o 40% dos españois a parella é a mellor fotógrafa. A cifra ascende até a metade no caso dos homes; pola contra, baixa 20 puntos porcentuais cando a pregunta se lle fai ás mulleres (31%). De feito, un 24% destas considera os selfies a mellor opción.

EDICIÓN DAS IMAXES PARA QUEDAR MELLOR

Pero se o fotógrafo non consegue a imaxe desexada, os españois recorren no 47% dos casos a recursos de edición para obter o resultado desexado. Ademais, elementos como o temporizador, o paloselfie ou o trípode son algúns dos gadgets fotográficos máis usados polos enquisados, segundo recolle este estudo.

Unhas novas prácticas impostas polas redes sociais que modificaron a forma na que as persoas proxectan o seu día a día e a vida en parella. De feito, está a popularizarse a necesidade de mostrar as bondades da vida en parella, é dicir, o denominado "showmancing". E é que a máis da metade dos españois (55%) encántalles sacarse fotos coa súa parella e un 37% adicional gústalle, aínda que non continuamente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta