A DGT lanza unha campaña para controlar a seguridade de camións e autobuses a partir do luns

Vixiarán a documentación, o carné dos condutores, os tempos de descanso, o consumo de alcol, a velocidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2021 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

A Dirección General de Tráfico (DGT) comezará o vindeiro luns unha campaña especial de vixilancia das condicións técnicas e de seguridade de camións e autobuses nas estradas de Galicia.

Segundo informa a Delegación do Goberno, ao longo da semana os axentes da Garda Civil de Tráfico intensificarán os controis sobre este tipo de vehículos na Comunidade galega, contando coa colaboración de numerosas policías locais.

Esta campaña empregará "o máximo número de medios humanos e materiais dispoñibles" e, sempre que sexa posible, advertirá aos condutores da existencia próxima de controis, a través de paneis de sinalización variable e de pantallas alfanuméricas dos vehículos da Agrupación de Tráfico situadas nas inmediacións.

En concreto, os axentes farán especial incidencia en verificar aspectos como as condicións técnicas e os elementos de seguridade do vehículo, o seu peso, o acondicionamento da carga, o estado dos pneumáticos e o adecuado funcionamento da iluminación, entre outros.

Tamén vixiarán a documentación, o carné dos condutores, os tempos de descanso, o consumo de alcol, a velocidade e o mantemento da distancia de seguridade.

Un axente intercepta ao condutor do camión. GARDA CIVIL
Un axente intercepta ao condutor do camión. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta