Galicia roza xa os 2.000 falecidos con covid tras a morte de 16 persoas

A área sanitaria da Coruña segue sendo a máis afectada

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2021 | Actualizada ás 21:33

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou este sábado a morte de 16 persoas --de diferentes días--, de forma que o total de vítimas en Galicia desde o inicio da pandemia aproxímase ás 2.000 (1.950).

Estas 16 persoas tiñan patoloxías previas. Dúas delas estaban vinculadas con residencias: un home de 94 anos do centro de Bande (falecido no CHUO) e unha muller de 85 anos, cuxa defunción se produciu na DomusVi de Vimianzo.

Estes dous óbitos en residencias producíronse o 5 de febreiro. Ese día a lista complétase con: seis persoas no Chuac (dous homes de 71 e 79 anos, e catro mulleres de 59, 77, 84 e 68); dous no CHUF (un home de 91 e unha muller de 79); dous homes no CHUO (de 78 e 86); e un home de 80 no HULA.

No tocante a este sábado, 6 de febreiro, hai tres defuncións: un home de 54 anos (Chuac), un home de 89 (CHUS) e un home de 65 (HULA).

Dispositivo de cribado masivo para detectar positivos por coronavirus en Expourense, en Ourense, Galicia (España), a 6 de febreiro de 2021. A presión hospitalaria provocada pola pandemia do coronavirus volveu a baixar en Galicia, aínda que lixeiramente,. Rosa Veiga - Europa Press
Dispositivo de cribado masivo para detectar positivos por coronavirus en Expourense, en Ourense, Galicia (España), a 6 de febreiro de 2021. A presión hospitalaria provocada pola pandemia do coronavirus volveu a baixar en Galicia, aínda que lixeiramente,. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta