Desestimado o recurso de Ence contra a paralización dunhas obras decretada polo Concello de Pontevedra

A empresa deberá solicitar a licenza municipal para acometer uns traballos de eficiencia enerxética na planta de Lourizán

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2021 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra desestimou o recurso presentado por Ence tras a paralización, decretada por parte do Concello, dunhas obras en materia de eficiencia enerxética na planta de Lourizán en decembro do ano 2018.

A portavoz do goberno municipal de Pontevedra, Anabel Gulías, informou este luns en rolda de prensa deste fallo xudicial que confirma a actuación municipal impugnada pola compañía pasteira e determina que a decisión do Consistorio é conforme a dereito.

Segundo o fallo xudicial, as obras que a empresa de celulosa faga no interior do seu asentamento industrial de Lourizán precisan de licenza municipal e non están amparadas polo Plan Sectorial de Incidencia Supramunicipal (PSIS), aprobado no ano 2003.

A empresa non solicitou licenza ao entender que os traballos que se estaban executando estaban recollidas no PSIS, pero o xulgado conclúe agora que non era así e que ditos traballos non se atopan detallados en ningún documento.

De feito, no informe emitido no seu día polo arquitecto técnico da Oficina de Licenzas e Inspección faise constar que se trataría dunhas obras legalizables, por ser posibles no ámbito do citado proxecto e normativa municipal, pero non se atopan detalladas ou referidas no PSIS, e por iso requiren licenza urbanística e as autorizacións sectoriais que corresponda.

Ademais, a sentenza obriga a Ence a solicitar licenza para estas obras e a pagar a taxa correspondente.

Fábrica de Ence en Lourizán, na ría de Pontevedra. EUROPA PRESS - Arquivo
Fábrica de Ence en Lourizán, na ría de Pontevedra. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta