Ciudadanos pide baixar o IVE do deporte do 21% ao 10%

A líder galega do partido laranxa asegura que paralizar a actividade deportiva supón a "ruína para a saúde e a economía".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2021 | Actualizada ás 10:27

Comparte esta noticia

A coordinadora de Ciudadanos en Galicia, Beatriz Pino, pediu que se considere a práctica deportiva como unha "actividade esencial" e reclama que se baixe o IVE do 21% ao 10%. A portavoz da formación laranxa en Galicia explicou que Ciudadanos Galicia rexistrou unha pregunta no Parlamento de Galicia, na que empraza á Xunta a reclamar ao Goberno do Estado esta rebaixa.

"O deporte é saúde, hai que potencialo e apoiar as empresas que o fomentan", asegura Pino, que avoga por recoñecer esta práctica como unha actividade esencial á hora de aplicar restricións pola pandemia, reducir o IVE en todos os servizos impartidos en instalacións e centros deportivos, así como todos aqueles impartidos por profesionais da actividade física e do deporte e técnicos titulados por federacións deportivas.

"Necesitamos que os galegos sigan facendo deporte, non podemos paralizar a actividade deportiva porque supoñería a ruína para a saúde e a economía", sostivo Beatriz Pino, que sinala que, a nivel económico, o peche desta actividade supón "un contratempo para miles de empresas e autónomos galegos". "Hai miles de empregos xerados ao redor deste sector" que está a rexistrar, como moitos outros, "perdas moi importantes", apunta.

A líder de Cs en Galicia lembrou que a práctica deportiva, "non só axuda a combater a COVID-19, senón que é unha ferramenta fundamental para mellorar a saúde mental, moi deteriorada por esta situación". "O deporte está considerado como un antidepresivo natural, e por tanto beneficioso fronte a estados de ansiedade e depresión, como os que pode xerar a fatiga pandémica", sostén.

A coordinadora de Cidadáns en Galicia, Beatriz Piñeiro. CIDADÁNS GALICIA
A coordinadora de Cidadáns en Galicia, Beatriz Piñeiro. CIDADÁNS GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta