Os encoros galegos superan o 80% da súa capacidade con 200 hectómetros cúbicos de auga gañados nunha semana

Segundo a información do boletín elaborado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica, os encoros das concas galegas contan con 3.022 hectómetros cúbicos de auga embalsada dos 3.714 totais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2021 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

Os encoros galegos sitúanse este martes ao 81,4% da súa capacidade total, tras gañar máis de 200 hectómetros cúbicos de auga na última semana.

Segundo a información do boletín elaborado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica, os encoros das concas galegas contan con 3.022 hectómetros cúbicos de auga embalsada dos 3.714 totais.

En concreto, os encoros da conca Miño-Sil están ao 79,2% da súa capacidade, con 2.399 hectómetros cúbicos de auga, 193 máis que hai unha semana. Pola súa banda, os de Galicia Costa gañaron 23 hectómetros cúbicos de auga, ata os 623, e están ao 91,1% da súa capacidade.

Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense). EUROPA PRESS - Arquivo
Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense). EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta