Novo episodio de mortaldade de peixes na ría de Pontevedra e no río Lérez

Desde a Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra sinalan que concretamente na zona que vai desde a fábrica de ENCE e a ponte de Santiago.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/05/2024 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

Desde a “Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra” alertan de que na tarde-noite de onte, se atopou unha elevada cantidade peixes mortos na ría e no río Lérez, concretamente na zona que vai desde a fábrica de ENCE e a ponte de Santiago. Desde a APDR descoñecen se pode existir ou non algunha "causa-efecto" co feito denunciado. "Queremos deixar constancia de que a mortaldade de peixes coincide no tempo coa existencia en Pontevedra dun forte cheiro a Celulosas e, tamén, cunha xornada de intensa choiva que fixo que a Xunta de Galicia activase o plan de risco de inundacións no río Lérez", explican.

Peixe morto atopado
Peixe morto atopado | Fonte: APDR

A asociación chama a atención das Administracións con competencia nesta materia para que actúen "coa celeridade e responsabilidade necesarias" para determinar as causas que poidan estar detrás da mortaldade agora denunciada pero, tamén, para evitar no futuro feitos semellantes.

Neste sentido, informan de que a Ría de Pontevedra, está atravesando unha situación "altamente preocupante". Resúltalles evidente que o cambio climático, instalado xa na zona xeográfica con consecuencias moi evidentes sobre o medio e o clima. "Ante a contaminación provocada por multitude de vertidos de orixe doméstico ou industrial, é unha necesidade que as Administracións non poden eludir por máis tempo", engaden desde a APDR. 

Aparición de peixes mortos
Aparición de peixes mortos | Fonte: APDR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta