Dous restaurantes conseguiron o segundo sol e outros dous o primeiro. Con estas incorporacións Galicia suma 34 restaurantes premiados
  comenta   0
Foi gravado cando non respectaba a distancia de seguridade e fixo, posteriormente, un adiantamento en liña continua, obrigando a varios vehículos a botarse á beiravía para evitar unha colisión.
Os mergulladores, dous cidadáns portugueses, descoñecían a prohibición de mergullar en Galicia pola semana
Percorrerán case 6.400 quilómetros deses máis de 250 municipios e permanecerán neles entre un e tres días ofrecendo unha degustación ao mediodía e outra pola tarde
  comenta   0
Solicita ao Goberno central que "rectifique", para que estes produtos teñan "o mesmo trato fiscal que outros alimentos básicos e de primeira necesidade".
  comenta   0
Identifican diverxencias entre a percepción dalgúns actores do sector e os datos oficiais de 2020, que indicarían "impactos moderados ou nulos da covid-19".
  comenta   0
Xantar viviu o sábado 12 de novembro a cuarta xornada da súa edición número 23 cun día repleto de actividades, degustacións, actuacións musicais e cun acto central completo no que se celebrou o día dedicado aos Camiños de Santiago. Coren levou o premio ao 'Mellor Stand'.
  comenta   0
Os resultados dun estudo do Instituto Español de Oceanografía abren novas vías de exploración e monitorización dos ecosistemas mariños.
  comenta   0
Creáronse ferramentas como o selo Pescaenverde para dar a coñecer a pegada de carbono e a taxa de retorno enerxético do sector pesqueiro.
  comenta   0
Científicos confirman o espallamento de dúas especies exóticas nas últimas dúas décadas, ademais de rexistrar por primeira vez para a ciencia un novo tipo de barbada identificado no banco de Galicia.
  comenta   0
Científicos da Universidade de Santiago desenvolven un novo modelo para controlar as dinámicas de plásticos e microplásticos desde a súa entrada no mar. Alertan de que a maioría se acumula nos fondos mariños, o 80% procede de actividades en terra e as verteduras están aumentando.
  comenta   0
En ningún deles consta que estean elaborados con sémolas, semolinas ou fariña de trigo, a pesar de que se trata de ingredientes esenciais para poder ser denominado pasta, segundo a lexislación vixente.
  comenta   0
O Catálogo Galego de Especies Ameazadas recolle 74 especies en perigo de extinción e 126 como Vulnerables. Algunhas delas, como a tartaraña cincenta Circus pygargus e a gatafornela Circus cyaneus están a piques de desaparecer.
  comenta   3
Soben un 33'4% con respecto a febreiro de 2021, unha cifra que supera a media do Estado en máis de cinco puntos.
  comenta   0
O presidente das confrarías españolas ofrece o seu "voto de confianza" a Planas ante a reunión prevista para este mércores.
  comenta   0
As investigadoras poñen o foco nos "repetidos eventos" nos que peixes e moluscos morreron masiva e repentinamente nas rías galegas. "A única explicación posible é a baixada drástica da salinidade debido á apertura dos encoros", indican.
  comenta   0
Galicia, como potencia na industria acuícola, está experimentando con éxito coa chamada acuicultura multitrófica integrada para reducir o volume de residuos. Expertos alertan da vulnerabilidade deste sector ao cambio climático e a crises inesperadas como a pandemia causada polo coronavirus SARS-CoV-2.
  comenta   0
A limitación do uso de boias por barco e as cotas de pesca cada vez máis restritivas no Atlántico e Índico condicionan as necesidades dos pescadores.
  comenta   0
Di que a resolución aprobada "non é positiva" ao ter só en conta o ámbito ambiental e non atender ao aspecto socioeconómico da actividade.
  comenta   0
Con todo, non houbo nunca sancións millonarias contra as grandes hidroeléctricas, senón pequenas multas. A conselleira de Medio Ambiente carga contra a Confederación do Miño-Sil por non facer "absolutamente nada"
  comenta   0
Un artigo científico comparou os factores ambientais que condicionan a composición e distribución das comunidades de peixes do noiro continental galego e o banco de Galicia, un monte submarino a 200 km da costa viguesa.
  comenta   0
Científicos do Instituto Español de Oceanografía observan cinco agrupacións de peces distintas no monte submarino do banco de Galicia e no noiro continental galego.
  comenta   0
O Parlamento Europeo subliña o impacto negativo destas infraestruturas, que poderían poñer en perigo a rendibilidade do sector pesqueiro.
  comenta   0
Datos achegados por investigadores da Universidade de Vigo mostran que ambos os sectores sufriron unha importante diminución das capturas, ingresos e prezo medio por quilo nas lonxas galegas. No medio desta crise, Xunta e Estado manteñen un conflito polo recurso presentado polo Goberno central contra a orde pola que se aprobou o plan xeral de explotación marisqueira para 2021-2023.
  comenta   0
Os científicos tamén observaron niveis altos de zinc, ferro e aluminio nestes peixes, habituais na cociña atlántica. Varios estudos anteriores atoparon concentracións elevadas de metais tóxicos en atúns, tiburóns e algas comercializados en Galicia.
  comenta   0
O ecoloxismo denuncia que a presa hidroeléctrica do Río Verdugo reduciu a auga por debaixo do límite necesario para que os peixes sobrevivan.
  comenta   0
O obxectivo desta proposta, que se enmarca na candidatura da Xunta aos fondos europeos, ten por obxectivo o coidado do patrimonio natural e o control das especies invasoras, segundo indica Medio Ambiente.
  comenta   0