O novo regulamento de control da pesca inclúe un sistema dixital de certificados de capturas

"Despois de tantos anos vemos cumprido o noso obxectivo de contar cun sistema dixital de certificados de captura centralizado na UE, que asegure unha armonización de controis en materia de pesca INDNR, supondo un auténtico avance a condición de que estea plenamente instaurado e dote de ferramentas de análises áxiles e efectivas á propia Comisión Europea", subliñou o secretario xeral de Anfaco-Cecopesca, Roberto Alonso.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 13/11/2023 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

A Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (Anfaco-Cecopesca) celebrou este luns que o novo regulamento de control da pesca, aprobado polo Consello da Unión Europea, inclúa un sistema dixital de certificados de captura centralizado, "que asegure unha armonización de controis en materia de pesca ilegal, non declarada e non reglamentada (INDNR)".

Nun comunicado, a organización analizou a aprobación deste documento, que actualiza ao redor do 70 % das normas vixentes. Anfaco-Cecopesca lembrou que desde un primeiro momento defendeu certos preceptos básicos e, agora, a "práctica totalidade" das peticións foron tidas en conta, entre as que destacou a incorporación do sistema de certificados dixitais, que se impulsou a través da iniciativa coñecida como Observatorio da Rastrexabilidade.

"Despois de tantos anos vemos cumprido o noso obxectivo de contar cun sistema dixital de certificados de captura centralizado na UE, que asegure unha armonización de controis en materia de pesca INDNR, supondo un auténtico avance a condición de que estea plenamente instaurado e dote de ferramentas de análises áxiles e efectivas á propia Comisión Europea", subliñou o secretario xeral de Anfaco-Cecopesca, Roberto Alonso.

Para el, esta debe ser unha ferramenta de defensa do Level playing field, "previndo a importación de produtos finais con serias dúbidas de cumprimento, ao cal desde Anfaco-Cecopesca deberemos reforzar o noso papel como interlocutor na consecución de procesos válidos de verificación internacional", engadiu.

Entre outros aspectos, a organización lembrou que o criterio de designación de lotes proposto inicialmente pola Comisión viuse axustado na versión final, "dotándoo da flexibilidade suficiente que lle permita cumprir aos produtos frescos e conxelados, cun articulado específico para a mestura de lotes".

"Conseguiuse permitir a autonomía de control sanitario, sen aumentar artificiosamente as análises de calidade internos. Un exercicio de competitividade e eficiencia, que garante a seguridade alimentaria na UE e demostra as boas prácticas dos operadores europeos", engadiu Anfaco.

Imaxe dunha rede de pesca
Imaxe dunha rede de pesca | Fonte: IEO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta