Os 94 novos nutricionistas do Sergas atenderon máis de 150.000 consultas ata o mes de outubro

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 05/11/2023 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, avanzou que, ata o mes de outubro, os 94 novos nutricionistas que o Sergas incorporou á Atención Primaria atenderon 151.920 consultas. Así o fixo na clausura da 24ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico 'Xantar', onde destacou os efectos positivos sobre a saúde da dieta atlántica.

Durante a súa intervención, enumerou os beneficios desta dieta tradicional galega que conta cun consumo elevado de froitas e hortalizas, de cereais, patacas e legumes, o consumo diario de leite e derivados lácteos, o consumo de tres ou catro veces á semana de peixes e mariscos ou a moderación no consumo de carnes.

"Neste salón gastronómico remárcase o produto e tamén é moi importante desde o punto de vista da saúde, a forma de preparación dos alimentos, que na dieta atlántica caracterízase pola sinxeleza que mantén a calidade das materias primas e, por tanto, o valor nutritivo", sinalou o consellerio.

Comesaña pon en valor a dieta atlántica na clausura do Salón Xantar de Ourense
Comesaña pon en valor a dieta atlántica na clausura do Salón Xantar de Ourense | Fonte: Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta