Un estudo levado a cabo por un grupo de investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) sinala que a dieta atlántica podería reducir "significativamente" a incidencia da síndrome metabólico e, con iso, o risco de sufrir enfermidades como a diabetes ou a cardiopatía coronaria.
  comenta   0
Investigadores da USC analizan as emisións de gases, o retorno enerxético e o prezo de 63 receitas típicas. Piden unha ecoetiqueta nos restaurantes para informar deses impactos aos consumidores. Científicos avalan a dieta atántica como unha das mellores para a saúde humana e do planeta.
  comenta   0
Científicos reivindican a capacidade da dieta atlántica de inducir efectos beneficiosos para a saúde por medio de mecanismos que regulan o funcionamento dos nosos xenes e que poden actuar na prevención de enfermidades.
  comenta   0
Unha investigación da Universidade de Santiago mostra que tan só o 19,6% dos maiores de 60 anos coñece a existencia da dieta atlántica. O nivel de adherencia é medio. A ciencia recoñeceuna en 1999 como un patrón alimentario saudable. Estudos científicos demostraron que ademais de beneficiosa para a saúde, tamén o é para o medio ambiente.
  comenta   1
Investigadores do CRETUS, da Universidade de Santiago, comparan este modelo importado coas dietas atlántica e mediterránea, e conclúen que tamén é unha opción saudable para nós e para o medio ambiente. Estes mesmos científicos desmontaron os supostos beneficios da chamada dieta paleo, tamén de moda.
  comenta   0
Un congreso en Santiago analiza as chaves da dieta atlántica. Feijóo destaca o incremento do consumo deste produto durante a pandemia.
  comenta   0
Investigadores da Universidade de Santiago de Compostela presentan os resultados dun estudo que alerta de que a chamada “dieta paleo” ten unha alta pegada de carbono, é cara e non é nutricionalmente adecuada. Este patrón alimentario, popular nas redes sociais, non conseguiu consenso científico para ser recomendado.
  comenta   0
Unha nova investigación acredita as vantaxes da dieta tradicional de Galicia. A comunidade científica alerta do abandono dos bos hábitos alimentarios e do alto consumo de ultraprocesados.
  comenta   0
A USC e a Xunta colaboran para introducir os produtos galegos na dieta atlántica.
  comenta   0
O Programa Interreg Atlantic Area abarca distintos proxectos de cooperación transnacional entre países e rexións europeas do ámbito atlántico.
  comenta   0
Investigadores das universidades de Santiago de Compostela e Londres presentan un novo estudo no que constatan que a dieta tradicional de Galicia é unha das mellores opcións tanto para a saúde humana como medioambiental.
  comenta   0
Asturianos, galegos e castelán-leoneses, por esta orde, son os que máis quilos de CO2 equivalente producen por persoa e ano polos seus hábitos alimentarios. No lado oposto sitúanse os cidadáns das Illas Baleares, cuxo patrón dietético xera menos gases de efecto invernadoiro. A dieta actual dos galegos, cada vez máis afastada da atlántica, non se atopa entre as máis sustentables, pero si é das máis ricas en nutrientes.
  comenta   3
O marisco, o polbo, as carnes, os peixes ou os viños da fachada atlántica galego-portuguesa buscan o seu recoñecemento. Entidades de Galicia e Portugal queren que acade este recoñecemento igual que xa ten a dieta mediterránea. Porán en marcha un grupo de traballo para presentar unha proposta en 2021, ano Xacobeo.
  comenta   1
Os galegos están cada vez máis alonxados da dieta atlántica e máis apegados ao sal, a carne, os doces e as comidas procesadas e precociñadas. Científicos da Universidade de Santiago advirten dos danos que os novos hábitos alimentarios causan na saúde humana e no medio ambiente, pola súa forte pegada de carbono.
  comenta   2
Un novo estudo científico da dieta característica de Galicia afirma que é “respectuosa co medio ambiente", ao que hai que engadir os seus altos valores nutricionais.
  comenta   0
Unha experta defende que algúns alimentos desta dieta preveñen o cancro e o envellecemento e apuntan a unha mellor esperanza de vida.
  comenta   0
A pegada de carbono da dieta típica de Galicia e doutras comunidades europeas atlánticas é un 3% máis baixa que a mediterránea, ao producir menos emisións no proceso de produción, comercialización e consumo dos alimentos. Atópase entre as dietas menos contaminantes no mundo.
  comenta   0