Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2021 | Actualizada ás 18:03
A AECT Río Miño habilitou na web 'smartminho.eu' un mapa interactivo para ofrecer información á cidadanía sobre a incidencia da COVID-19 nos municipios transfronteirizos entre Galicia e Portugal.
A ferramenta 'COVIDMiño' permitirá coñecer a evolución da pandemia nos 26 municipios galegos e portugueses que forman parte do territorio, con datos sobre novos casos diagnosticados ou de incidencia acumulada, entre outros, ademais de información de interese para combater a propagación do coronavirus e sobre as medidas de seguridade impulsadas desde os respectivos gobernos.
Deste xeito, poderase acceder aos datos do territorio nunha mesma aplicación e sen ter que recorrer a diferentes páxinas das administracións, ademais de permitir comparar a situación epidemiolóxica a ambas as beiras con diferentes escalas de cores.
Segundo traslada Uxío Benítez, vicedirector do departamento, este mapa impúlsase nun contexto de incerteza polas diferentes medidas e restricións que se aplican a ambos os dous lados de 'a raia', co fin de ofrecer datos veraces a aqueles cidadáns que necesiten moverse e desprazarse por cuestións laborais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.