O Gaiás, a mellor proposta cultural do ano en Galicia para o Observatorio da Fundación Contemporánea

É a primeira vez que a Cidade da Cultura de Galiciao encabeza esta clasificación.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 10/02/2021 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

A Cidade da Cultura de Galicia encabeza a clasificación de institucións e proxectos culturais máis destacados do ano 2020 en Galicia na lista que acaba de publicar o Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea.

Cidade da Cultura de Galicia.
Cidade da Cultura de Galicia.

Elaborado coas valoracións dun panel de 472 expertos e profesionais de toda España, o Gaiás lidera a listaxe de propostas culturais de 2020 correspondente a Galicia, seguido do Culturgal, o CGAC, o Teatro Rosalía de Castro ou a (S8) Mostra de Cinema Periférico, entre outras destacadas institucións e acontecementos culturais.

Tal e como destacou a Xunta, este recoñecemento "avala a calidade da programación e o traballo realizado" polo Goberno galego na Cidade da Cultura nun ano marcado pola covid-19, no que se redobraron esforzos en achegar a programación á cidadanía a través dos medios dixitais e en incrementar a oferta a pesar da necesaria redución de prazas imposta pola distancia social.

Trátase da primeira vez que o Gaiás encabeza esta clasificación, tras conseguir o terceiro posto en 2019 e o oitavo en 2018. O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) é o único outro museo recoñecido polo seu labor nesta listaxe de 15 institucións e eventos culturais de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta