A Covid e a igualdade de xénero, os novos desafíos da ciencia

A Covid-19 será o tema principal abordado na maior feira científica da comunidade, Galiciencia

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2021 | Actualizada ás 15:20

Comparte esta noticia

'A innovación Pos-COVID a través da revolución do talento' . Esa é a temática da 16ª edición de Galiciencia, que se celebrará entre os días 26, 27 e 28 de maio de maneira online debido ás restricións provocadas pola actual situación sanitaria.

Cartel de Galiciencia
Cartel de Galiciencia | Fonte: Galiciencia

 

Unha das principais novidades da Galiciencia online 2021, en consonancia coa actividade do Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) de promoción do STEM feminino, é que haberá un premio especial para o mellor proxecto liderado por unha rapaza.

 

O obxectivo desta iniciativa é contribuír á igualdade de xénero na contorna da I+D+i desde a etapa educativa, promovendo a participación e o liderado femininos nos proxectos científicos e tecnolóxicos.

 

Taller de Galiciencia
Taller de Galiciencia | Fonte: Galiciencia

Con respecto da participación feminina nas diferentes edicións de Galiciencia como elaboradoras e presentadoras de proxectos, os datos amosan unha tendencia á alza. Nos últimos tres anos obsérvase que a participación feminina supera á masculina, chegando a acadar o 60 %.

 

A MAIOR FEIRA CIENTÍFICA DA COMUNIDADE GALEGA

O Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) promove, dende 2006, Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade. Esta busca achegar a ciencia á sociedade, contribuíndo a espertar neles as vocacións científicas.

Ademais, conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain); e da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT). 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta