Feijóo sobre a dimisión de Louzán: "iso é cousa da Federación Galega de Fútbol"

"Correspóndelle á federación tomar as decisións que considere oportuno", di.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2021 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

Debe Rafael Louzán dimitir como presidente da Federación Galega de Fútbol tras ser condenado por prevaricación mentres era presidente da Deputación de Pontevedra?. Feijóo teno claro. Non é unha cousa que vaia con el a pesar de insistir sempre nas actitudes éticas dos políticos.

Rafael Louzán. EUROPA PRESS - Archivo
Rafael Louzán. EUROPA PRESS - Archivo

Precisamente, preguntado sobre se Louzán debería dimitir, o presidente galego asegurou que lle corresponde á federación "tomar as decisións que considere oportunas".

"É un órgano que elixe os seus membros, á súa xunta directiva e ao seu presidente, e por tanto correspóndelle a este órgano tomar a decisión que considere oportuno", afirmou Feijóo, que incidiu en que "non pode ser outro órgano, que o propio órgano soberano que elixe o presidente e aos membros da xunta directiva".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta