Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2021 | Actualizada ás 12:38
O cemiterio de Castiñeiras, no municipio coruñés de Ribeira, amenceu este luns cun total de sete nichos profanados, e con varios corpos e cadaleitos ao descuberto.
As forzas de seguridade manteñen aberta unha investigación para aclarar o ocorrido, e de momento mantéñense abertas todas as hipóteses. En concreto, foi o propio párroco da localidade quen deu o aviso á Policía Local, sobre as 10,00 horas do luns, segundo indican a Europa Press fontes municipais.
O suceso levantou unha gran expectación no municipio e moitos veciños congregáronse ás portas do camposanto, onde permaneceron efectivos policiais durante todo o día de onte para solicitar probas.
Tras o aviso do párroco e unha vez personados no lugar, os efectivos policiais comprobaron que un total de sete tombas profanadas e tomaron pegadas. Así mesmo, os autores sacaron corpos e cadaleitos, aínda que as tumbas afectadas non teñen ningunha relación entre si, matizan as mesmas fontes.
A investigación, que está a cargo da Policía Nacional, non descarta de momento ningunha hipótese, aínda que o roubo é unha das teorías principais que manexan os axentes. Os investigadores puxéronse en contacto cos familiares para ver se faltaba algún obxecto das tumbas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.