A Xunta alega que a información de mortes "parte das propias residencias", tras notificarse agora unha de novembro

Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/02/2021 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, alegou que a información sobre falecidos por mor da covid-19 "parte das propias residencias", tras notificar este luns 15 de febreiro unha morte que se produciu a finais de novembro.

"Se a residencia trasládanos (esa información) con días ou semanas despois, nese momento en que nós recibimos é cando damos a coñecer ese falecemento", apuntou.

En concreto, unha das mortes notificadas pola Xunta este luns correspondíase coa que se produciu o 28 de novembro dunha muller de 84 anos usuaria da residencia Vila do Conde.

Dous traballadores sanitarios totalmente protexidos acoden a unha residencia de anciáns
Dous traballadores sanitarios totalmente protexidos acoden a unha residencia de anciáns | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta