A Xunta baralla crear unha aldea modelo no concello ourensán de Taboadela

Por E.P. | OURENSE | 16/02/2021 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

O conselleiro de Medio Rural, José González, mantivo este martes unha reunión co alcalde de Taboadela, Álvaro Vila, para coñecer as demandas deste municipio ourensán en materia rural.

Así, entre os temas tratados, destacou a posibilidade de crear unha aldea modelo neste municipio e así pór de exemplo de prevención e de desenvolvemento económico a un núcleo deste concello. Concretamente, falouse do núcleo de Pazos da Rabeda como posible candidato a este proxecto de recuperación de terras.

O conselleiro destacou que estes instrumentos de mobilización de terras terán especial implantación tras a aprobación da futura Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Neste sentido, o indicou que esta lei ten como principal obxectivo promover a recuperación da terra abandonada ou infrautilizada e darlle base territorial a quen a desexe traballar.

Desta forma, explicou a Xunta, preténdese revitalizar o rural e traballar así pola recuperación demográfica, pola mellora da calidade de vida da poboación e pola anticipación aos lumes forestais.

Alberto Núñez Feijóo nunha visita á aldea modelo de Osmo, en Cenlle (Ourense). PARTIDO POPULAR DE GALICIA
Alberto Núñez Feijóo nunha visita á aldea modelo de Osmo, en Cenlle (Ourense). PARTIDO POPULAR DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta