Piden ampliar a enfermidade profesional por Covid ao sector das ambulancias e axuda no fogar

A CiG di que son sectores da privada que traballan para o sector público.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 17/02/2021 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

Delegados da CIG concentráronse ante a Delegación do Goberno en Galicia para esixir que se considere como enfermidade profesional o contaxio por Covid no caso tamén de persoal que traballa na sanidade e no sector sociosanitario privatizado, así como no sector de ambulancias ou que presta servizos públicos a través de empresas privadas, como o de axuda a domicilio.

Para a central sindical, o Real Decreto Lei 3/2021 que regula este recoñecemento resulta "discriminatorio" ao non incluír a todos estes colectivos laborais. Así o expuxo a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, que pediu a modificación do mesmo por entender que é tamén "restritivo". "O Covid non entende de categoría profesional nin de vinculación temporal, é unha enfermidade infecciosa que contaxia ao persoal en función do risco de exposición", argumentou.

Por iso, pediu que se estenda este recoñecemento de enfermidade profesional a persoal de empresas de servizos sanitarios e sociosanitarios, así como a traballadores de ambulancias ou axudas no fogar. "Un goberno progresista non pode discriminar e facer un recoñecemento tan limitativo e restritivo", sinalou sobre os que traballan para o sector privado pero prestan servizos para a pública.

"Se queren un recoñecemento ao persoal que presta servizos directamente para a pública téñeno fácil que acaben coas privatizacións e concesións ás empresas privadas". "Ou modifican o Real Decreto ou eliminan as privatizacións", recalcou.

En canto ao contido do mesmo, dixo que necesita un desenvolvemento no ámbito público "xa que di que os informes das unidades de saúde laboral terán que acreditar que o profesional se contaxiou no ámbito de prestacion servizo, iso así, sen un desenvolvemento profesional, vai ser restritivo e arbitrario", alertou a dirixente da CIG, que mostrou a súa confianza en que estas cuestións se modifiquen na tramitación parlamentaria.

Cvirus.- A CIG pide ampliar a enfermidade profesional por Covid a colectivos expostos do sector privado. CIG
Cvirus.- A CIG pide ampliar a enfermidade profesional por Covid a colectivos expostos do sector privado. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta