Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2021 | Actualizada ás 22:10
Ciudadanos remitirá nas próximas horas un escrito á Deputación de Ourense para solicitar que Montse Lama, ata hai pouco a súa única representante na institución, sexa declarada tránsfuga "para todos os efectos" en base ao pacto anti transfuguismo que o partido asinou, o pasado mes de novembro, xunto a PP e PSOE.
A formación laranxa dá este paso xusto cando se cumpre unha semana de que se fixese público que Lama abandonou Cs para unirse ao grupo de non adscritos da deputación, asegurando que a súa intención é, "con "negociacións e acordos puntuais", garantir "a estabilidade" na institución provincial, que dirixe Manuel Baltar, ata fin de mandato.
Ante esta situación, Cs acusou á ata hai unha semana deputada da formación de "porse ao servizo do presidente da Deputación de Ourense" e recalcou o compromiso do partido "na loita contra esta forma de corrupción e de práctica antidemocrática que altera as maiorías expresadas pola cidadanía nas urnas, en beneficio de intereses particulares e afastados da política que este partido sempre defendeu".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.