(Vídeo) 'Searirxs da Diversidade', unha campaña para desafiar á LGTBLfobia

Na iniciativa participaron dez clubs deportivos de Pontevedra.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 19/02/2021 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

Coincidindo co Día Internacional da LGTBIfobia no deporte, o Concello de Pontevedra presentou a campaña ‘Seareirxs da Diversidade’, un stop que contou coa participación de dez clubs deportivos da cidade que pretende enviar unha mensaxe clara: "a práctica deportiva está destinada a todas as persoas, sen ningún tipo de discriminación pola súa identidade ou orientación sexual, nin pola súa condición física, social ou cultural".

Tal e como asegurou durante o acto de presentación celebrado na Sala de Prensa do Teatro Principal a concelleira de Igualdade, Yoya Blanco, o vídeo pretende realizar un chamamento a “formar parte dunha gran afección arredor do deporte como ferramenta de transformación, para construír unha sociedade máis xusta, inclusiva e respetuosa”.

Varios deportistas de Pontevedra participan nunha campaña contra a LGTBIfobia no deporte
Varios deportistas de Pontevedra participan nunha campaña contra a LGTBIfobia no deporte | Fonte: Concello de Pontevedra

O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, asegurou sentirse “agradecido pola enorme receptividade e implicación que tiveron con este proxecto os equipos participantes", entre eles o Pontevedra Club de Fútbol, o Club de Baloncesto Arxil, a Sociedade Deportiva Teucro, o Cidade de Pontevedra Fútbol Sala, o Club Cisne Balonmán, a Sociedade Ximnástica Pontevedra, a Asociación Juan XXIII, o Club Treboada, o Club Escola Hungaresa de Esgrima Pontevedra e o Club Taekwondo Mace-Sport.

O Día Internacional contra a LGTBIfobia no Deporte conmemórase cada 19 de febreiro en lembranza do británico Justin Fashanu, o primeiro futbolista profesional da historia en declararse homosexual ante os medios de comunicación, o que fixo que a súa vida se tornase un inferno. “Foi obxecto de burlas dos seus compañeiros tanto nos vestiarios como no campo, o que fixo que optase por retirarse ao non poder soportar o acoso ao que foi sometido e suicidouse o 3 de maio de 1998”, narrou a edil do PSOE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta