Unha praga de medusas tóxicas obriga a pechar as praias da Coruña

Non se poderá acceder aos areais ata novo aviso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2021 | Actualizada ás 16:24

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña decretou o peche de todos os areais do municipio ante a aparición masiva de carabelas portuguesas, un tipo de medusa moi tóxica. Trátase do segundo episodio deste tipo no último mes e medio. A principios de xaneiro, os municipios da área coruñesa e tamén de Ferrol víronse obrigados a pechar o acceso ás súas praias pola chegada á costa deste tipo de medusas. Deste xeito, o goberno herculino prohibe o paseo polos areais e advirte á poboación da alta toxicidade desta especie tanto para humanos como para as súas mascotas.

Efectivos de Protección Civil retiran carabelas portuguesas nas praias de Ferrol
Efectivos de Protección Civil retiran carabelas portuguesas nas praias de Ferrol

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta