Explosión nunha oficina de Novagalicia Banco en Vigo

O delegado do Goberno atrévese a adiantar que o artefacto levaba "todo o selo" de Resistencia Galega. A Policía mantén abertas todas as hipóteses.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 13/08/2013 | Actualizada ás 09:55

Comparte esta noticia

Efectivos de Policía Nacional, Policía Científica e do Tedax desprazáronse á oficina de Novagalicia Banco sita na estrada da Coutada, 8, na parroquia viguesa de Beade, onde se produciu unha explosión a pasada madrugada.

A oficina de Novagalicia Banco en Beade, trala explosión
A oficina de Novagalicia Banco en Beade, trala explosión | Fonte: @opelcortando

O estoupido produciuse arredor das 04.20 horas, causando considerables danos materiais nesta oficina. Non houbo feridos.

Segundo os primeiros datos, a explosión foi causada por un artefacto colocado xusto no exterior das instalacións da entidade bancaria. Trataríase dun artefacto colocado "dentro de una especie de fiambrera o termo, etcétera" con "cierta potencia" que provocou que as portas da oficina saísen despedidas cinco metros, adiantou o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez.

A Policía ten de momento abertas todas as vías de investigación mentres se recollen e analizan probas. Con todo, o delegado do Goberno atreveuse xa ao mediodía a dicir que o artefacto leva "todo o selo" de Resistencia Galega polo "tipo" de artefacto, o "lugar" onde foi colocado e a "data". Porén, ninguén se atribuíu aínda a autoría do estoupido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

6 e1u

Artefacto pouco antes que se de a conhecer a sentenza dos 4 independentistas xulgados pola Audiencia Nacional... Casualidade?

1 undeVigo

isto cheira a fume... xa sabedes que se non hai historia, invéntase

5 Leo

E Juarez, antes que Policia, xuices e profesionais, antes que ninguén, xa sabe por poder divino que foi Resistencia Galega. Repugnante o deste señor.

1 cuñao

¿A ti non che di nada a coincidencia en modus operandi? ¿A policía non ten mais que facer que victimizar ao independentismo galego, que sempre foi ultraminoritario e non é previsible que incremente os seus apoios nunha comunidade como a galega que é a mais dereitista de España, e no medio rural é prácticamente a única presente?

4 Call of Juarez

Juarez "resistencia galega", deu aviso ós membros da extrema dereita infiltrados na policia nacional (nacional de Espanha) porque necesitan criminalizar o galeguismo e como non lhe sairon ben as cousas (o do comboio non foi un atentado inda que tentaran a trola durante unhas horas) pois tenhen que montar o atentado eles para poder intoxicar a gusto, e logo a coz de amplificador.

1 Daniel

É unha posibilidade. Outra sería que un par de indepedentistas galegos puxesen a bomba para protestar por algo do estilo de preferentes, presos (patriotas galegos), o capitalismo en xeral ou Espanha en particular.

3 Cortina de fume

O outro confunde gladiadores coa Operación Gladio, vaia cultura política!...non me extrañaría ren que fora un dos postmodernos de Anova. Eu non desbotaría o atentado de falsa bandeira coma autoria, como aponta o do primeiro comentario, a vista do atareados que andaban últimamente os pepeiros sacando condeas de terrorismo por canta institución había, coma cortina de fume tal Xibraltares para tapar os innumerables fregados onde están metidos.

1 SrMainstream

Non sei que pinta aqui ANOVA, a verdade. As veces meter ponzoña por meter, xa así de xeito crónico.

2 Cortina de fume

Perdoa meu non é obsesión, pero a sedición non é doada de esquecer. Digo que será de Anova porque as supostas e recurrentes criticas tan torpes a Pétain, fanlle mais publicidade que outra cousa, pensaba eu que posiblemente foran tamén de falsa bandeira. Tampouco desboto que sexan honestas. Nese caso é a proba palpable que ate os mais limitados decantan a sedición que se agacha baixo populismos e portunismos de Pétain.

2 antiantinacionalista@gmail.com

the gladiadores nada... estos son perturbados, xa imaxino a "vieiras" comendo os langostinos e os percebes e tirando moita salsa rosa no prato para que a dixestión desta nova sexa mais rapida..

1 Comunista

Pola túa obsesión con este home de 77 anos, supoño que tí comerás moito co Paco Zarzuelas. E comendo con el, xa nos imaximamos que é o que comerás...