Ana Pontón: "Hai moitas dúbidas sobre cal foi o papel da Monarquía española no 23F"

O BNG critica o acto do Congreso que presidirá o Rei Felipe VI e lembra que hai un rei emérito "fuxido".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2021 | Actualizada ás 12:38

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón, xustificou a ausencia da formación ao acto que organizará este martes o Congreso para conmemorar o 40 aniversario do 23F debido a "o que significou" ese intento de golpe de estado e o feito de que o vaia a presidir o Rei Felipe VI a pesar das "dúbidas" sobre o "papel" da Monarquía fronte ao mesmo.

Preguntada tras unha rolda de prensa celebrada este luns en Santiago, remarcou que a "posición" do Bloque sobre o que "significou" o fracaso do intento golpista do 23 de febreiro de 1981 é "moi clara" e sinalou que non entende que "se faga unha conmemoración deste acto" e "moito menos presidida polo Rei".

"Desde logo, o BNG non vai participar nun acto que non nos parece de recibo e moito menos no que a protagonista sexa a Monarquía. Máis cando hai dúbidas sobre cal foi o seu papel nese golpe de estado e cun rei emérito fuxido", resolveu a líder da formación nacionalista en alusión á residencia de Juan Carlos I a Abu Dabi (Emiratos Árabes).

Este martes cumpriranse 40 anos do intento golpista protagonizada polo entón coronel Antonio Tejero, que irrompeu cun nutrido grupo de gardas civís no hemiciclo do Congreso mentres se votaba a investidura de Leopoldo Calvo Sotelo. No fracaso do 23F tivo moito que ver o entón Xefe do Estado, Juan Carlos I, que se atopa residindo desde agosto en Abu Dabi.

Portavoz nacional do BNG, Ana Pontón
Portavoz nacional do BNG, Ana Pontón | Fonte: BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

5 nostrus

Fanme moita gracia os que renegan do noso pais e sin embargo gústalle vivir nel. En todas partes hai renaga2 e malnazi2 e España non é unha excepción, pero inda apesar deles, o noso pais é maravilloso e cunha historia rica e apasionante. A monarquia acada maior consenso que a república ao non estar viciada polos partidos politicos e ademais é mais barata porque non hai que manter a un monton de expresidentes. Os fanáticos da cultura e tradicions non comprendo como non son monárquicos. Non me gusta a Galicia que deseñan os naciotas, chea de uniformismo e de intolerancia.

1 Vendepatrias

Pois non rias tanto dos que renegan do país: estás rindo de ti mesmo, como renegado e malnazido do país galego e como galego de nación, por moito que aborrezas a orixe e os proxenitores!

2 Ganhán

Cando te presionan sae a relocir toda a túa maldade

3 nostrus

Vendepatrias. Que saibas que o renegar non é un dos verbos que practico. Por nada do mundo renego de ser galego, porque é o meu modo de ser español. Eso si, admito que Galicia non é unha nación, moi ao contrario dos que se engañan a se mesmos e din que si.

4 Sentidiño

O discurso do fillo vai ser tan apaixonante coma todos os anteriores. Esperemos que Marta Sánchez cante o seu himno, e que o papá entre por Zoom...

3 Mugueimes

Dúvidas, poucas ou nenhuma. Que o Borbón estava enterado é reconhecido por historiadores nada tendenciosos e muito moderados, tendo ao Armada como militar aspirante a presidir. Também não há dúvida sobre o papel de Felipe González, cum PsoE que aceitou compartilhar uma ditadura com militares (já acontecera com Primo de Rivera, nada novo no velho PsoE). Assim fica claro como se tapam PsoE e monarquia. Quando aprenderão os que dizem ser de esquerda alternativa (UPG e BNG, PCE e Podemos) que o PsoE é a impostura política e com falsários nunca avançamos (agora mesmo com a caça de bruxas practicada pelo sistema contra Podemos)! Colaborar com o PsoE é manter o franquismo nas instituições!

1 nostrus

Non teria sentido destruir unha democracia que él mesmo aupou.

2 Mugueimes

A fraca democracia espanhola é un sistema representativo desenhado e tutelado pelo franquismo (rei escolhido pelo ditador, sistema cortupto de partidos e sindicatos da corda, igual com monopólios, concordatos coa igreja, constituição ditada baixo poder militar, policial, justiça e comunicação sem depurar). Quando o Suárez não quere tanta tutela interessa limitar liberdades: 23 de fevereiro, com rei e o PsoE cúmplice! Mesmo José Bono, desde a casta, reconhece o continuado entremetimento do rei no poder político. Impossível tapar, cada vez sabemos mais... A democracia do Borbón é um verniz do franquismo: o oportunista travestido para seguir desfrutando a conta do povo! Acaso concebe a continuidade duma ditadura militar no Occidente da Europa? Não seja ridículo! Então, puro oportunismo! Con tudo atado e bem atado!

2 rjyq

Eso, un Estado da terceira edade, cheo de pensionistas, con embaixadas en todo o mundo, exército propio e todo eso ¿ Alguén pode creer nesas tolemias ? Simplemente é inviable. A ideoloxía non da de comer.

1 rtve

E querer ter unha ampla familia real propia, poñer os pés e o trapo branco coa raia azul en Marte, cantar o hai lalelo en Eurovisión, unha estación-leira con marcos na Antártida, mandar pelis aos Óscar... Tolémia e non recoñecer a inviavilidade de España contra a vontade dos súbditos, a débeda impagable, ou o envellecemento alarmante (só superado por Xapón). A ideoloxía española só da de comer aos madrileños e aos seus criados periféricos!

1 cachamuiña

eu non teño dubida algunha foron os promotores do golpe o campechano e cia!!!! a monoarquia bobonica e unha autentica lacra social, no mellor dos casos unha molestia, unha enfermidade cronica e nos peores un cancro terminal... pero si os expañois queren o rei bobonico que queden con el... GALIZA FORA DE EXPAÑA!!!!

1 nostrus

¡¡GALIZA FORA DE EXPAÑA !! ¿quienes son los que te estorban?, ¿los extremeños.....?. Eres un mentiroso, mucho criticar a tu pais y sin embargo te gusta vivir en él y no tienes corage para largarte