A Coruña exalta o "coruñesismo popular" a conta do centenario da morte de Emilia Pardo Bazán

Máis de 40 eventos ao longo de 2021 lembrarán á escritora coruñesa no que será, segundo a alcaldesa, "o acontecemento cultural do ano".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/02/2021 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, defendeu a exaltación do "coruñesismo popular" na presentación da programación polo centenario do falecemento da escritora Emilia Pardo Bazán, que se celebra este ano. Teatro, rutas, charlas ou exposicións son algunhas das temáticas dos 40 eventos organizados polo concello para esta efeméride.

En rolda de prensa, a rexedora cualificou a Pardo Bazán de "figura relevante" por ser "unha das grandes escritoras" galegas e remarcou que a cidade "aberta" que é A Coruña hoxe en día débese ao seu legado. "Será o acontecemento cultural do ano", subliñou Rey sobre o centenario.

A programación é, dixo a alcaldesa, "ambiciosa e plural", polo que irá "desde o máis popular todo o máis académico". Todos os actos cumprirán as "medidas sanitarias" pola pandemia. "Confiamos en que situación vaia mellorando", asegurou Rei, que espera que os eventos poidan celebrarse coa "maior normalidade posible".

O primeiro dos eventos do programa será a convocatoria dun concurso para escolares sobre feminismo, en coincidencia co 8 de marzo, e continuará con charlas na casa museo da escritora coruñesa. Cara ao verán celebraranse rutas pola cidade, representacións teatrais, xornadas audiovisuais ou exposicións, así como a edición de diversas publicacións.

Estatua de María Pita cunha bandeira
Estatua de María Pita cunha bandeira | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta