O BNG pide crear o Instituto Rosalía de Castro para "promocionar" a lingua galega

Pide declarar o 24F como Día Nacional de Rosalía e reivindica máis divulgación dunha figura "de máxima vixencia" porque "rompeu moldes" como "feminista, inconformista e rebelde".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2021 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

O BNG reclamará que o 24 de febreiro sexa declarado 'Día Nacional de Rosalía de Castro', segundo anunciou a portavoz nacionalista, Ana Pontón, nunha homenaxe cunha ofrenda floral na Alameda de Santiago con motivo do aniversario do nacemento da escritora.

En concreto, os nacionalistas presentarán unha iniciativa no Parlamento galego para que o 24 de febreiro --día no que naceu a escritora-- sexa declarado 'Día Nacional de Rosalía de Castro'.

"Desde o BNG cremos que as boas palabras sobre Rosalía o 24 de febreiro non son suficientes, hai que pasar da retórica á acción", destacou Pontón. Ademais, informou de que a formación proporá a posta en marcha dun Instituto Rosalía de Castro, "que defenda e promocione a cultura galega, coa mirada posta na súa internacionalización".

Tras realizar a ofrenda floral na escultura da escritora, Ana Pontón reivindicou a figura, "de máxima vixencia", de Rosalía de Castro "que rompeu moldes" en todos os ámbitos. "Rosalía foi unha pioneira na defensa da lingua galega, nos dereitos nacionais de Galicia e nos dereitos das mulleres", destacou a líder nacionalista.

"ORGULLO DE SER GALEGOS"

Pontón reivindicou unha maior divulgación, sobre todo entre a xente máis nova, da obra e biografía de "a escritora galega máis internacional, a autora fundacional da literatura galega", unha muller "feminista, inconformista e rebelde".

"Na súa biografía e no contido da súa obra temos exemplos de plena vixencia dese camiño que temos que transitar cara ao amor á nosa lingua para a difusión e a posta en valor da nosa cultura e, en definitiva, do orgullo de ser galegos", recalcou.

Homenaxe floral a Rosalía de Castro con Ana Pontón, líder do BNG. BNG
Homenaxe floral a Rosalía de Castro con Ana Pontón, líder do BNG. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 nostrus

Si el BNGe tuviera el poder que le gustaria tener, desterraria al español de Galicia y convertiria a todos los gallegos en personas monolingües en gallego con el solo fin de recrearse en sus alucinaciones. Menos mal que no le hacemos caso porque el mal que nos haría sería inmenso. No permitamos que nos expropien ninguna de nuestras lenguas y al BNGe no le hagamos p.to caso