A outra discriminación do rural: viaxes de máis dunha hora para vacinarse
“Por que a miña avoa no Courel ten menos dereitos para vacinarse?”, di Alba. A súa avoa ten 94 anos e ten que desprazarse máis dunha hora en coche por estradas estreitas e con moitas curvas porque a Xunta decidiu instalar o posto de vacinación en Quiroga.