Xa hai un acordo de restricións para Semana Santa entre o Goberno e as CCAA

Trátase de elaborar un documento que poida servir para saber que facer e que non en Semana Santa.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 24/02/2021 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

O Ministerio de Sanidade e os Gobernos autonómicos acordaron mandatar á Comisión de Saúde Pública a traballar na elaboración dun documento que inclúa as medidas restritivas para conter o coronavirus de cara á Semana Santa, segundo informou a titular de Sanidade, Carolina Darias.

"Estamos a traballar de maneira coordinada a través da Comisión de Saúde Pública nun documento que esperamos poder levar nas próximas semanas ao Consello para consensurar de común acordo e que poida servir para saber que facer e que non en Semana Santa", explicou a ministra na rolda de prensa posterior ao Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.

Segundo dixo a propia Darias, constatou "unha gran sensibilidade" por parte do conxunto do Consello Interterritorial para acoutar as medidas para estas datas e manter os datos de descenso do Covid-19.

A ministra detallou que na reunión deste mércores e na da semana pasada acordouse pedir á Comisión de Saúde Pública un documento de propostas en relación ás restricións a adoptar en Semana Santa.

Neste contexto, Darias recoñeceu o "incremento non desexado" dos casos que se deu noutros períodos "coa relaxación en exceso" das medidas, como sucedeu co plan durante as datas do Nadal.

Semana Santa de Cangas
Semana Santa de Cangas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta