UGT e CC.OO. volven concentrarse contra a "deterioración" do servizo residencial e a "falta" de diálogo da Xunta

Por E.P. | Santiago de Compostela | 25/02/2021 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

Traballadores de centros residenciais volveron participar nas concentracións promovidas semanalmente por UGT e CC.OO. ante a "deterioración" do servizo público e a "falta de interlocución" da conselleira de Política Social, Fabiola García.

Concentración ante a residencia de maiores de Pontevedra
Concentración ante a residencia de maiores de Pontevedra | Fonte: UGT.

Segundo as centrais, na que foi a vixésimo primeira concentración, hai un "brutal recorte de dereitos" recollidos no convenio, que afectou desde 2012 ao persoal ao "reducir" e "amortizar" postos de traballo que "se demostrou que eran necesarios".

Ademais, puxeron o foco na "problemática" que xera a interinidade do persoal, que alcanza o 50% e causa a "sobresaturación" e o "aumento dos accidentes de traballo e as baixas por enfermidade profesional". De feito, recalcaron que a Consellería de Política Social "é a que máis accidentes de traballo acumula de toda a Xunta".

Neste sentido, os sindicatos reprobaron que, un ano despois do inicio da pandemia, a Consellería e os seus órganos máximos de persoal "non fosen capaces (...) de organizarse de forma homoxénea nos seus centros", nos que "reina a descoordinación" e carécese dun plan de estruturación do persoal.

Ademais, denunciaron que persoas contratadas mediante as listas da Xunta traballen "nas lamentables condicións das empresas privadas" en centros intervidos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta