Temas: MORTE PONTEVEDRA

O home que levaba morto máis dun mes nunha autocaravana era un veciño de Pontevedra de 61 anos

O corpo estaba en estado de descomposición.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 26/02/2021 | Actualizada ás 15:29

Comparte esta noticia

A Policía Nacional identificou a un veciño de Pontevedra de 61 anos de idade como a persoa que apareceu morta nunha autocaravana na zona do Burgo. Segundo confirmou a Policía Nacional, este home levaba morto, segundo o forense, "máis dun mes.

Autocaravana na que apareceu morto un veciño de Pontevedra
Autocaravana na que apareceu morto un veciño de Pontevedra | Fonte: Policía Nacional.

O home foi identificado "grazas á necroreseña dactilar que levaron a cabo os axentes pertencentes á Brigada Provincial de Policía Científica". Esta foi comprobada co Sistema Automático de Ingreso Dactilar (SAID) e co resultado das pescudas que efectuaron os axentes da Brigada Provincial de Policía Xudicial, abundaron as mesmas fontes.

Tras o achado do cadáver en estado de descomposición a identificación, subliña a Policía Nacional, "debe ser absoluta, non abonda con que veciños ou familiares o identifiquen".

"As impresións dixitais constitúen o mecanismo máis rápido para determinar a identidade. Na maioría dos casos permiten identificar a unha persoa nun prazo inferior ás 48 horas", abundou.

Neste caso, incide a Policía, "foi unha ardua tarefa" dos axentes de Policía Científica porque, matiza, "a medida que a descomposición do corpo avanza os relevos da pel pérdense, de aí a importancia de efectuar unha correcta necroreseña dactilar".

Por tanto, indicou que, "grazas á perfecta reseña" que efectuaron os axentes da Científica, xunto cun parte médico que os axentes de xudicial atoparon no interior da autocaravana, "conseguiuse pescudar a identidade do cadáver, un veciño de Pontevedra, e a posterior localización dos seus familiares", concluíu a Policía.

Temas: MORTE PONTEVEDRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta