Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2021 | Actualizada ás 20:16
Galicia superou as 200.000 vacinas administradas, segundo os datos que publica este venres --sempre con cifras da xornada anterior-- o Ministerio de Sanidade.
Estas 200.432 doses inxectadas en Galicia supoñen o 85,3% das 235.025 recibidas, por encima da media española (do 80%). Deste xeito, administráronse vacinas a máis de 11.000 persoas en 24 horas.
As persoas que recibiron en Galicia as dúas doses que inmunizan contra o coronavirus son 58.689 (pouco máis de 300 respecto ao día anterior).
En España, puxéronse 3.605.635 vacinas das 4.508.845 recibidas. Coa pauta completa das dúas doses hai 1,2 millóns de persoas.
Galicia recibiu un total de 235.025 dose, despois de que chegasen preto de 50.000 vacinas esta semana --os datos actualízanse cada mércores--. Delas, 153.385 son de Pfizer; 23.800, de Astrazeneca; e 9.800, de Moderna.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.