Volve aumentar o número de falecidos con covid con 14 vítimas

Todas elas tiñan patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2021 | Actualizada ás 21:02

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias confirmaron este luns 14 novos falecidos con covid-19, o que eleva a 2.252 o total de vítimas da pandemia na comunidade galega.

Deste catorce novas mortes, só unha é deste luns, en concreto un home de 67 anos que se atopaba ingresado no Hospital Quirón Saúde da Coruña. O resto foron falecidos rexistrados desde o venres, pero todos eles presentaban patoloxías previas.

Un deles era unha muller de 89 anos na residencia A Milagrosa da Coruña, o pasado día 26. Ao día seguinte, faleceron dúas mulleres de 90 e 95 anos no Complexo Hospitalario de Ferrol, outra de 86 no CHUAC e un home de 95 anos na residencia A Milagrosa da Coruña.

O domingo, pola súa banda, faleceu unha muller de 90 anos no Chuvi, outra de 83 no Complexo Hospitalario de Santiago, un home de 86 no Hula, outro de 89 no CHUF; unha muller de 81 anos na residencia CEGADI; outra de 83 no CHUO; un home de 82 anos no Hospital Virxe da Xunqueira; e outro home de 71 anos no CHOP.

Sanitarios nunha ambulancia trasladando a pacientes covid dunha residencia a un hospital
Sanitarios nunha ambulancia trasladando a pacientes covid dunha residencia a un hospital | Fonte: Santi Alvite.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta