Falece Jorge Federico Watts, un fillo de galegos que loitou para enxuizar aos militares arxentinos

Foi fundador da Asociación ex Detidos Desaparecidos e unha figura imprescindible dos dereitos humanos arxentinos.

Por Galicia Confidencial | Arxentina | 03/03/2021 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

Faleceu Jorge Federico Watts, un dos principais activistas en favor de coñecer o paradoiro dos desaparecidos e desaparecidas da Ditadura Arxentina. Watts, de orixe galega, foi fundador da Asociación ex Detidos Desaparecidos e unha figura imprescindible dos dereitos humanos arxentinos.

Jorge Federito Watts, arxentino de orixe galega fundador da Asociación ex Detidos Desaparecidos e unha figura imprescindible dos dereitos humanos arxentinos
Jorge Federito Watts, arxentino de orixe galega fundador da Asociación ex Detidos Desaparecidos e unha figura imprescindible dos dereitos humanos arxentinos | Fonte: Youtube

Naceu en Buenos Aires o 15 de xaneiro de 1949. Fillo de Carmen Vidal, de Oín de Arriba, concello de Padrón, e de Jorge Rene Watts, fillo dunha arxentina e un inglés. Os pais de Jorge separáronse cando el era pequeno e viu poucas veces ao seu pai, ata que este morreu cando el tiña 18 anos. Estudou durante varios anos Enxeñaría e logo seguiu a carreira de Análise de Sistemas pero non logrou recibirse porque nesa época comezou a militar na agrupación Vangarda Comunista e empezou a súa actividade sindical como secretario da área de Computación da Asociación de Traballadores do Estado (ATE).

En marzo do 76, logo do golpe, foi despedido do seu traballo e máis tarde ingresou na empresa Bagley. O 22 de xullo de 1978 foi secuestrado por un grupo de militares do Primeiro Corpo de Exército e trasladado ao campo de concentración El Vesubio, onde permaneceu até setembro dese ano. Logo foi enviado ao Batallón de Loxística 10, despois á comisaría da Brigada de Investigacións de Lanús e máis tarde á comisaría de Monte Grande.

Finalmente legalizárono e foi trasladado á Unidade 9 da Prata. Saíu en liberdade o 22 de maio de 1979 e desde ese momento dedicou a súa vida a loitar para que os xenocidas sexan xulgados como responsables dos crimes de lesa humanidade cometidos no Vesubio e outros centros clandestinos de detención durante a última ditadura militar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta