Por Galicia Confidencial | Vilanova | 25/08/2013 | Actualizada ás 10:22
La Vuelta arrincaou na Arousa, nunha inmensa batea creada para tal fin e co obxectivo de que Galicia sexa coñecida no mundo. Ou iso é cando menos, o que cre que acontecerá a Deputación de Pontevedra, logo de ser un dos principais patrocinadores desta edición que terá catro etapas por terras galegas.
E esta carreira tivo dous convidados de honra, o presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, e o do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, que un día despois da súa miniexcursión por Ponte Arnelas tamén se achegaron a Vilanova a exercer de ciclistas de honra para dar inicio a esta edición cilista.
Un afecionado de honra
Precisamente, Rajoy sinalou La Vuelta "é un dos acontecementos importantes que poden vivir os españois" e mesmo xa avanzou un posible gñador: "Nibali será un rival complicado", dixo. "Nibali será complicado, pero tamén están Purito, Valverde, Samuel ... e pode entrar alguén máis", engadiu.
"Gústame ir a La Vuelta, e máis saíndo de aquí, ademais pasarán por diante da miña casa. É un espectáculo, nunca levaron aos ciclistas en barco á saída", dixo o presidente español en Onda Cero, un gran afecionado a esta carreira.
A primeira etapa de La Vuelta comezou en Vilanova de Arousa cunha contrarreloxo por equipos de 27 quilómetros que rematou en Sanxenxo.
Nibali dá a primeira dentada
O esloveno Janez Brajkovic acabou como líder tras unha exhibición do Astaná, na que o seu xefe de filas, o italiano Vincenzo Nibali sacou diferenzas apreciables aos seus rivais directos.
Brajkovic, de 30 anos, que xa vestiu dous días a camisola ouro en 2006. Pero o golpe de efecto inicial para Nibali foi apreciable cunha dentada considerable ao grupo de rivais directos: 29 segundos a Valverde (Movistar), 59 a Purito Rodríguez (Katusha) e 1.14 a Samuel Sánchez (Euskaltel).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.