Mariscadores do Burgo retoman o día 11 as protestas para esixir o pago de compensacións polo dragado

Din que nin Xunta, nin Goberno central atenden as súas demandas.

Por E.P. | A CORUÑA | 05/03/2021 | Actualizada ás 10:43

Comparte esta noticia

Mariscadores da ría do Burgo retoman o día 11 as protestas para esixir o pago de compensacións polo dragado, segundo informan. En concreto, será ante a Delegación do Goberno e coincidindo co día de apertura do sobre administrativo de licitación das ofertas presentadas.

Nun comunicado, destacan o feito de que se publicase a licitación do dragado, pero inciden en que, a pesar das reunións mantidas, están "sen unha solución ás perdas derivadas da obra".

En concreto, sosteñen que nin por parte do Goberno central nin por parte da Xunta se atenderon as demandas a este respecto, "ignorando o futuro económico de case 80 familias e do posible peche dunha entidade histórica como é a Confraría de Pescadores", argumentan tamén.

Por iso, avanzan a convocatoria de mobilizacións ante a Delegación da Consellería do Mar na Coruña e ante a Delegación do Goberno, onde farán a primeira protesta o día 11.

Concentración Ría do Burgo. BNG
Concentración Ría do Burgo. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta