A Xunta concede 224 axudas para adquisición de taxis adaptados a mobilidade reducida

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2021 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

A Xunta concedeu no último ano un total de 224 axudas ao sector do taxi para a adquisición de vehículos adaptados as persoas con mobilidade reducida e de baixas ou cero emisións, cun investimento total de case 1,15 millóns de euros.

A Consellería de Infraestruturas publica este venres no Diario Oficial de Galicia a resolución que recolle a listaxe dos beneficiarios destas axudas concedidas para a adquisición destes vehículos, no marco da convocatoria do ano 2020.

A iniciativa da Xunta, que incrementou o orzamento inicial destes incentivos ao sector do taxi para atender á demanda das distintas convocatorias, permitiu atender 41 solicitudes de axudas para vehículos adaptados á mobilidade reducida, 180 para taxis ECO e 3 paracoches de cero emisións.

As subvencións son de ata 4.000 euros para os taxis de baixas emisións, 6.000 euros no caso de vehículos de emisións cero e 10.000 euros para coches adaptados e accesibles a persoas con mobilidade reducida.

Imaxe de arquivo da luz dun taxi. EUROPA PRESS - Arquivo
Imaxe de arquivo da luz dun taxi. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta