O SERGAS quere coñecer a opinión do seu persoal sobre a igualdade mediante unha enquisa interna

A consulta estará dispoñible entre este luns e o 31 de maio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2021 | Actualizada ás 17:14

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) puxo en marcha este luns 8 de marzo, Día Internacional da Muller, para coñecer a opinión do seu persoal sobre a igualdade de xénero no seo da organización.

Segundo explica nun comunicado a Consellería de Sanidade, é unha iniciativa consensuada cos sindicatos --CIG, CC.OO., CSIF, Satse e UGT-- na Comisión de Igualdade e busca "profundar no diagnóstico cualitativo" nesta materia.

A consulta, que estará dispoñible entre este luns e o 31 de maio, permitirá ao Sergas coñecer "as percepcións" que teñen os seus traballadores sobre aspectos como a conciliación e a corresponsabilidade, o acceso á formación, a promoción profesional e as condutas discriminatorias, entre outros.

Ademais, inclúe un apartado para recoller as súas opinións sobre medidas concretas que apoien a igualdade de xénero. Tanto o anonimato como a confidencialidade das respostas "está garantida", recalca Sanidade.

A Consellería destaca finalmente que a participación do persoal na enquisa "é moi importante", xa que os resultados incidirán no deseño das medidas das liñas estratéxicas recollidas no primeiro plan de igualdade entre mulleres e homes que o Sergas está a elaborar.

Con esta folla de ruta, o servizo sanitario "mostra novamente o seu compromiso" na equiparación entre xéneros nunha organización que está integrada maioritariamente por mulleres, que representan o 78 por cento do persoal.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña,  acompañado pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán ; e polo xerente do Sergas, José Flores Arias, informa, en rolda de prensa.. CONCHI PAZ
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán ; e polo xerente do Sergas, José Flores Arias, informa, en rolda de prensa.. CONCHI PAZ | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta