Críticas ao PP por asistir á manifestación de Ferrol "tendo plenas competencias en industria"

Os sindicatos convocantes xa rexeitaron a adhesión dos 'populares' ás marchas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2021 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

A folga xeral celebrada o pasado mércores 10 en Ferrolterra con motivo do Día da Clase Obreira Galega segue marcando a actualidade da comunidade aínda co impacto provocado polo anuncio das mocións de censura impulsadas a raíz da ruptura de Ciudadanos co PP en distintos puntos do Estado. O "éxito rotundo" celebrado polos sindicatos convocantes marca así o ronsel dunha mobilización non exenta de críticas contra o PPdG, que tamén fixo acto de presenza nas marchas ferrolás. 

Mobilización de Alu Ibérica en imaxe de arquivo
Mobilización de Alu Ibérica en imaxe de arquivo | Fonte: Comité de empresa.

A presenza de diversos cargos do PP non foi prato de gusto para todos, en particular despois de que o partido comandado por Feijóo dera conta de diversas reticencias ante as mobilizacións do 8M. O rexeitamento de parte da sociedade á aparición dos cargos populares na marcha vén de se materializar en distintas respostas que esta mañá foron aparecendo á publicación en Twitter do PP. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta