A Xunta impulsa unha lei para atraer a implantación de empresas en polígonos industriais

Fala dun "investimento de máis de 250 millóns de euros nos próximos 10 anos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2021 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou, tras a reunión semanal do seu Executivo, o inicio da tramitación da Lei de áreas empresariais, coa que a Xunta aspira a reforzar as estratexias de desenvolvemento e implantación destas superficies na Comunidade.

O Consello da Xunta coñeceu na súa reunión semanal a proposta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para someter o anteproxecto a consulta pública, desde este venres e durante os próximos dous meses.

A Xunta defende que a futura Lei de áreas empresariais de Galicia constitúe, segundo apunta, "unha oportunidade para impulsar instrumentos de implantación deste tipo de áreas e proxectos industriais, mellorar a súa eficacia e concretar os sistemas de xestión destas áreas unha vez finalizadas".

Outra das medidas pola que se aposta é a potenciación do Plan sectorial de áreas empresariais de Galicia, para conseguir o desenvolvemento de chan industrial e a implantación de novas empresas, o que implicará "un investimento de máis de 250 millóns de euros nos próximos 10 anos".

Para cumprir este obxectivo, optarase por diferenciar entre as áreas empresariais de carácter estratéxico e de carácter comarcal e supracomarcal, co obxectivo de priorizar a execución e desenvolvemento do chan necesario e facer un mellor seguimento das necesidades.

Reunión semanal do Consello da Xunta.. Xunta de Galicia
Reunión semanal do Consello da Xunta.. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta